Benvidos ao Concello de A Teixeira---

A Teixeira é un concello cheo de vida e historia que invita ao visitante a gozar da natureza e do entorno privilexiado.

Cultura e Patrimonio--

A Teixeira pertenceu historicamente ao partido xudicial da Pobra de Trives e segundo a información dada polos autores clásicos, na época prerromana grande parte do seu territorio estaba ocupado pola tribo dos Tiburos, pobo do convento xurídico asturicense, que tiña a súa capital en Nemetóbriga, que era unha das mansións da terceira vía militar, de Braga a Astorga, e sobre a súa localización non existe acordo entre os investigadores. torre
Ao longo do primeiro terzo do século XIX, este municipio non figura en ningún concello constitucional e haberá que agardar ao 12 de xullo de 1836 para que se publique no Boletín Oficial da Provincia de Ourense a súa constitución como novo concello, sendo a súa capital “Tujeira”.

cruceirocruz
A Teixeira de un vistazo
Podemos axudarte

Que estás buscando?

Servicios

Queremos invitarte a que coñezas o mais representativo do noso concello tanto as súas paisaxes naturais como poden ser os miradores sobre os cañóns do Sil ou sobre o val da Abeleda, as rutas para practicar o contacto ca natureza polos moitos sendeiros, o patrimonio como os cruceiros e a etnografía formada por exemplo polos fornos tradicionais de Xirás. 

Un percorrido polos elementos culturais de A Teixeira.
Coñece a nosa historia as nosas tradicións, e as nosas festas.

Tamén queremos presentarche as diferentes asociacións que existen no noso Concello.

Coñece o patrimonio natural e arquitectónico de A Teixera. Prepara a tua visita e non deixes de visitarnos