A Teixeira é un concello cheo de vida e historia que invita ao visitante a gozar da natureza e do entorno privilexiado.
A Teixeira pertenceu historicamente ao partido xudicial da Pobra de Trives e segundo a información dada polos autores clásicos, na época prerromana grande parte do seu territorio estaba ocupado pola tribo dos Tiburos, pobo do convento xurídico asturicense, que tiña a súa capital en Nemetóbriga, que era unha das mansións da terceira vía militar, de Braga a Astorga, e sobre a súa localización non existe acordo entre os investigadores. torre
Ao longo do primeiro terzo do século XIX, este municipio non figura en ningún concello constitucional e haberá que agardar ao 12 de xullo de 1836 para que se publique no Boletín Oficial da Provincia de Ourense a súa constitución como novo concello, sendo a súa capital “Tujeira”.
Visítanos
Un lugar para perderse, para descubrir, para coñecer, para voltar...
Coñecenos
As nosas raíces, a nosa historia, o porqué somos os que somos...
Gózanos
O viño, froito da nosa terra, sangue do noso pobo, parte da nosa cultura, ...
Queremos invitarte a que coñezas o mais representativo do noso concello tanto as súas paisaxes naturais como poden ser os miradores sobre os cañóns do Sil ou sobre o val da Abeleda, as rutas para practicar o contacto ca natureza polos moitos sendeiros, o patrimonio como os cruceiros e a etnografía formada por exemplo polos fornos tradicionais de Xirás. |
Coñece o patrimonio natural e arquitectónico de A Teixera. Prepara a tua visita e non deixes de visitarnos