Miradoiros

Olladas ao lonxe

Colleitando imaxes...

Un dos maiores atractivos turísticos do concello son os distintos miradores debido a que o concello se encontra colgado no val do Sil e no val da Abeleda. Entre estes lugares de interese xeomorfolóxico, botánico, faunístico e paisaxístico non podemos deixar de nomear os mais coñecidos como:

Os mais destacados:

mirador de Xirás na estrada que vai de Valilongo a Teixeira, desde onde se pode ver Cristosende e o río Sil ademais dos bancais artificiais para o cultivo da vide.

mirador de Cristosende na estrada entre a Teixeira e Parada de Sil ca igrexa de Cristosende as costas e os viñedos e o embalse de Santo Estevo.

mirador da Teixeira baixando desde A Teixeira hacia o pobo de Lumeares desde onde se admira todo o val da Abeleda dominado polos restos do mosteiro de San Paio.

mirador de Pedra do Sol onde desde as proximidades dunha adega pódese contemplar o canon do Sil e a paisaxe que forman as dúas provincias.

Tamén podes visitar os miradores Da Galeana, Da Penalba e de Bidueira