Igrexas

Edificacións de culto ao servizo da poboación

As igrexas ademáis de ser lugares para o culto serviron sempre como centro de reunión e encontro da comunidade.

A súa arquitectura responde ás características do terreno, os materiáis de contrucción existentes e a época na que foron contruídas.

As nosas Igrexas

Capela de Santa Catalina

Encontrase no pobo da Teixeira no núcleo urbano próximo a unha casa nobiliaria tendo unha portada realizada en arco de medio punto. Sobre o teito frontal elévanse dous pináculos facendo unha fermosa capela debido o sinxelo da súa construción.
Posúe o teito de madeira e destacan no interior un único retablo de madeira ocupando o frontal do único ábside existente na capela.

Santa María de Abeleda

A igrexa parroquial da Abeleda é un templo relixioso que data do ano 1.671 ainda que tivo reformas posteriores como o seu campanario. Posúe unha planta formada por unha sola nave na que leva adosada o cruceiro onde esta ubicado o altar maior e a estancia que funciona na actualidade coma sancristía. O retablo de gran valor artístico esta feito en madeira tallada e atopase en moi bo estado de conservación.