Os elementos que identifican ao Concello
O termo Municipal de A Teixeira, oficializado como tal no ano 1836, atesoura un legado natural, patrimonial e cultural significativo.
Legado Natural:
Ao longo dos seus (27.8 km2?) ocupan o territorio un total de 14 aldeas (Valilongo, Sistín, Quintela, A Veiga, Pedrafita, A Lama,Celeirós, A Pedra do Sol, Cristosende, Boazo, Xirás, A Teixeira, Fontao, Lumeares e A Abeleda, ?) organizadas en oito parroquias e integradas nunha paisaxe agraria, de bosque autóctono, en impinadas ladeiras nas beiras do Río Sil e en extensas pradeirías nas terras máis altas. A práctica da gandeiría, os cultivos de horta, a viticultura, a froita, a apicultura e os froitos como a castaña son os recursos tradicionais principais. O cultivo do castiñeiro está patente no entorno, salpicado de abundantes e lonxevos exemplares agrupados en soutos, que deron substento a varias xeracións para alén de caracterizar a paisaxe.
Actualmente o cultivo predominante é a vide nas ribeiras do Sil e dan fé delo as oito adegas que están en activo no noso Concello con case (xxx hectáreas en produción), ademais de se conservar a tradición de elaborar viño para autoconsumo en adegas familiares. Nas aldeas de montaña pervive certa actividade agrogandeira e apícola.
Os datos do censo mostran o avellentamento da poboación e o escaso relevo xeracional. O que contribúe negativamente para o mantemento dunha paisaxe tradicional que corre o perigo de se volver agreste e dunha comunidade e un xeito de vida propios vinculada á natureza. Segundo datos do INE (3xx) persoas habitan A Teixeira, o que nos convirte nun dos catro concellos de Galicia de menos de 500 habitantes e no municipio máis pequeno dos 22 do territorio Ribeira Sacra.
O turismo, un recurso en aumento: varias casas rurais e apartamentos para visitarnos, catas- degustación en adegas, rutas de sendeirismo, gastronomía, paseo en catamarán polos canóns do Sil (Embarcadeiro de A Abeleda) e outras actividades.
Legado patrimonial:
O uso do medio con fins agrícolas e gandeiros configurou un entorno particular, cheo de divisións e marcaxes na terra que hoxe son parte do noso patrimonio: camiños de carro, sendeiros, pasos, servidumes, marcos, paredes de xunta seca, pataos, regadíos. Así como as obras de canteiría en forma de casas, adegas, lagares, palleiras, sequeiros, muíños, pontes, capelas e igrexas, fontes, pias, lavadeiros e nichos que se reparten ao longo do Concello e que dan mostra do paso do tempo e da actividade no lugar.
Un achado especialmente relevante do pasado é a estatua sedente da Parroquia de San Martiño de Pedrafita, descrita polo Museo Arqueolóxico de Ourense como “unha das manifestacións máis interesantes da escultura do noroeste peninsular”. Trátase dunha escultura castrexa de granito gravada cun trisquel e data do Século I a.C-I d.C. Atopouse no ano 1995 na Igrexa de Pedrafita durante as obras de reparación dunha sepultura. Custódiaa o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e no seguinte enlace pódese ler unha descripción detallada das súas características e importancia histórica.
link do Museo arqueolóxico de Ourense, coa ficha descriptiva da estatua sedente de Pedrafita.
https://musarqourense.xunta.gal/gl/peza-mes/sedente-de-pedrafita
Na mesma parroquia temos documentada a existencia dunha Mámoa, moi próxima ao cementerio actual, e topónimos circundantes como A Veiga, A Veiga das Cruces, A Parafita, A Cabana, Os Altares ou Os Castros demostran o asentamento dunha comunidade preromana no lugar; nas ladeiras do Río Mao, próxima á Ponte medieval (ou de posible orixe romana) de Conceliñas, que conecta os Concellos de Parada de Sil, Montederramo e A Teixeira.
Legado Cultural:
O Sentimento da Terra e da pertenza a unha comunidade. A lingua galega e a realidade que encerra; un xeito de entender a vida. A tradición vitícola e a calidade, a honestidade e o pouso histórico dos nosos viños e das nosas variedades autóctonas de uva. As lendas, os ditos, os contos, a experiencia e a sabiduría que herdamos dos nosos devanceiros…
Paisaxe Cultural Declaración BIC. Patrimonio da Humanidade… Futuro/Porvir/Retos…
O Sentimento da Terra e da pertenza a unha comunidade. A lingua galega e a realidade que encerra; un xeito de entender a vida. A tradición vitícola e a calidade, a honestidade e o pouso histórico dos nosos viños e das nosas variedades autóctonas de uva. As lendas, os ditos, os contos, a experiencia e a sabiduría que herdamos dos nosos devanceiros…